O Centro Cultural e Recreativo-CCR desenvolve as cuestións veciñais (reclamacións de servizos, festas de San Xoan e Lombo do Roxás), culturais (grupo de baile, festas do nadal, antroido e magosto, día das letras galegas, festival internacional, etc.) e deportivas (equipos de futbol e xogo de bolos).

Anualmente desenvolve o Festival Internacional que vai na XII edición. Tamén a Festa veciñal do Lombo do Roxás en colaboración coa Comunidade de Montes.

 

 

 

 

 

O serán, magosto, antroido e festas de Nadal son xa un clásico de todos os anos.

Durante todo o ano o CCR oferta diversas actividades aos veciños e veciñas, os resultados das actividades manuais e de restauración son exposotos durante o Festival Internacional, onde poden apreciarse obras de verdadeiros artistas!.

Unha das pezas importantes do CCR é o grupo de baile galego Ecos e Agarimos.

 

 

 

 
Centro Cultural e Recreativo