Gondomar
 

O concello de Gondomar forma parte do Val Miñor (PDF), ten 74,5 quilómetros cadrados de superficie e unha poboación de 12.121 habitantes.O crecemento anual é positivo dado que os nacementos superan ás defuncións. Dispón de 13.321 vivendas e un índice de poboación activa do 42% (Datos IGE, 2001-2004).

O concello está atravesado polo río Zamáns que baixa da aba do Galiñeiro polo Norleste e polos ríos Morgadáns e as Rasas que baixan polo sur das abas do Matalagartos. Ambos ríos xúnase formando o Miñor.

A orixe de Gondomar podería estar relacionado cun asentamento militar xermano ao mando dun xefe chamado Gundemaro. O concello establécese no ano 1835 e conta con 10 parroquias, das que Peitieiros forma parte.

 

O escudo do concello fai alusión a independencia dos franceses e componse dun canón coroado con dous sables de cabaleiría en aspa e acompañados por dúas ramalleiras de oliveira. A divisa indica: Libertade e independencia.

A figura histórica máis importante do concello é Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar, existindo aínda actualmente o Pazo que rexentou.