
|  
       Organización 
     | 
    
|  
       A base organizativa das Comunidades de Montes en Man Común é a asemblea de comuneiros/as. A CCMM de Peitieiros creouse no ano 1983 e conta con 145 comuneiros e comuneiras que conforman a representación doutros tantos fogares con lume na parroquia. A Xunta Rectora é o órgano de xestión da Comunidade entre Asambleas. A Xunta Rectora da CCMM de Peitieiros foi elexida no ano 2008 e ten un mandato de catro anos. Actualmente os cargos están conformados por: Xunta Rectora Presidencia: Carlos Misa Domínguez Vicepresidencia: Aurora Fontán Loureiro Tesoureiría: Jose Antonio Correa Sobrido Secretaría: Álvaro Lores Frade 
 Vogalías: Margarita Misa Iglesias, Isabel Pérez Martínez, Antonio Veiga Fernández e Alfredo López Fernández A CCMM forma parte da Mancomunidade do Val Miñor e da Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común 
 
 Xunta 
          Rectora, Congreso de montes, O Carballiño , 2010. 
        
 
 
 
  |