Proxecto compostaxe: prevención e restauración

VIVEIRO

Está situado no centro da parroquia de Peitieiros, ao lado do cemiterioe por frente do CEIP Neira Vilas. Consta dunha parcela de 600 metros cadrados cedido pola CCMM de Peitieiros. A instalación tivo lugar a principios de 2007 e no outono deste ano xa conta cunha boa representación de carballos, nogueiras e castiñeiros. As sementes recollidas durante o outono incorporarán novos efectivos de pradairos, érvedos, freixos e ameneiros.