A praga
 
         
Nos últimos anos unha praga asola o monocultivo de eucalipto, é un insecto chamado Gonipterus que afecta á masa foliar provocando a mortalidade da árbore debido á destrucción de grande parte das follas.
 

 

A fase larvaria deste insecto desenvólvese nas follas do eucalipto as cales son devoradas e destruídas polo que a árbore perde capacidade fotosintética, debilítase e pode chegar a morrer.

 

   
  Debido á grande capacidade de rexeneración do eucalipto, no momneto da perda foliar provoca a xerminación de novos brotes ao longo do tronco que provoca perda da calidade da madeira.