O
venres día 19 o día era soleado con moito calor, máis de
30 graos, a humidade era baixa, menos do 30%, o vento do norte era forte e a
pendente do noso monte supera o 30%. As condicións ideais para cometer
un delito ambiental!!.
Peitieiros
Couso
O
lume comezou pola parte norte arredor das 17:00 h, preto da ponte de Touteiras
pero logo foron identificados ao menos tres ou catro focos máis distantes
entre si e seguindo cara ao sur pola liña da pista que vai a Couso.
A
pesar do rápido aviso, e da reacción dos veciños e comuneiros,
o lume propagouse con rapidez cara arriba. Os efectivos procuraban que non se
extendera cara as casas.
Entrada
a noite o lume era imparable. Os efectivos anti-incencios non daban abasto,
os equipos aéreos non podían funcionar e as forzas de todos minguaban.
O
sábado apagáronse diversos focos preto das casas. A labor de extinción
noutras partes do país impediu a extinción total do lume ariiba
no monte.
O
domingo seguiron reavivándose focos preto das casas. O lume no monte
ardeu ata o martes día 22 de agosto.