Todos os anos realízase unha festa de convivencia dos comuneiros e comuneiras e dende hai uns anos esta festa compártese co Centro Cultural co ánimo de realizar unha só festa para as dúas organizacións da parroquia.

A festa é realizarda na Área de Recreo que está ao pe do monte e tratouse de recuperar o topónimo do lugar que é o Lombo do Roxás, dándolle o nome á festa.

Amais de música, hai unha homenaxe aos comuneiros da CCMM e aos socios do CCR, un xantar colectivo, tómbola, sorteos, contos, xogos populares...unha chea de cousas para pasar alí todo o día.

 

 

 

 

Xantar de confraternidade na festa do Lombo do Roxás
 
Lombo do Roxás