Unha das funcións actuais do monte é o uso social. Na medida en que os veciñas e veciños coñezan o monte e o saiban apreciar estará máis protexido e será un ben querido por todos.

Neste senso deseñouse e adaptouse un camiño peonal para poder ser usada como paseo de lecer.

1.- Inicio da senda do Matalagartos entrando pola parte baixa da Area de recreo. Tamén se pode entrar pola mesma área.

2.- Atravésase a pista que sube ó monte collendo na encrucillada pola pista do medio.

3.- Pasando o castiñeiro a pista descende ata outra encrucillada, á dereita vaise para o Curro Vello onde se pode visitar a charca.

4.- Pasando o río chégase á pista que baixa á carretera de Couso.

 
Senda do Matalagartos