A CCMM realiza anualmente unha actividade orientada aos comuneiros e comuneiras co obxecto de propiciar o contacto e o coñecemento do monte.

Esta actividade, denominada Subida ao Monte, consiste na preparación dun percorrido a un lugar determinado do monte co obxecto de realizar unha camiñata ata o mesmo.

Durante a preparación, a Xunta Rectora visita o monte e delimita o lugar, logo recupera a toponimia fixándoa a nivel social. Os traballadores do monte adecuan o lugar para preparar un xantar dos comuneiros participantes.

A actividade é anunciada preveendo a participación de comuneiros que non poidan realizar o percorrido andando por motivos de saúde.

O lugar de saída é a Area de Recreo.

Ao longo do percorrido os comuneiros familiarízanse coas pistas forestais que suben ao monte.

Visualizan os traballos realizados anualmente nalgunhas áreas do monte.

No xantar pasan uns momentos de convivencia. Son habituais os comentarios sobre o monte de antano. As vistas da parroauia e do Val Miñor son sempre pintorescas.

Logo do xantar baixan todos xuntos camiñando de novo.

As últimas subidas ao monte foron ata os lugares do Coto da Estrela (2005), Coto da Silla (2004) e a Chan do Cego (2003).

 

 

 

Os cativos inspeccionan "a silla" no Coto da Silla. Un penedo que permitía protexerse do vento durante o pastoreo comodamente sentado.
 
Subida ao Monte