Recuperación de espazos públicos
 

Unha das labores da CCMM, na súa faceta de labor social, está a de recueprar espazos públicos coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos comuneiros e veciños. Deste xeito tense colaborado na posta en marcha de instalacións deportivas, áreas de lecer e lugares emblemáticos.

O Palame é unha pequena praza nunha encrucillada do lugar da Peroleira, unha actuación sinxela da CCMM permitiu adecentar o lugar, salvagardar os plataneiros do contorno e facelo máis agradable, simplemente para sentarse á tardiña e ver cair o sol.
Hai anos que na parte baixa do monte pretendéronse realizar obras para infraestructuras como colexio ou campo de fútbol, o inadecuado do lugar levou a que se fixeran uns primeiros movementos de terras e logo fóran abandonados buscando outros emprazamentos. Co ánimo de recuperar algunha das áreas degradadas realizouse unha intervención no Lombo do Roxás adecuandoo como Área de Lecer. Neste lugar hai unha dotación de parrillas para facer lumes controlados, mesas de pedra, parque infantil, baños, auga potable e electricidade. Aquí realízanse diversas festas de convivencia particulares e veciñais.
Inspección dunha zona de baldío na parroquia, que non forma parte do monte comunal, para ser recuperada como futuro uso público da parroquia. O lugar é un cómaro situado preto do núcleo parroquial no que se sitúan uns castiñeiros e carballos de bo porte.