A parroquia de Peitieiros é unha das máis dinámicas do Val Miñor, isto pode constatarse nas diferentes organizacións existentes, amais da Comunidade de Montes existen:

Centro Cultural e Recreativo que asume as cuestións culturais, veciñais e deportivas.

A Asociación de Nais e Pais San Miguel do Colexio Neira Vilas.

Comisións de Festas de Fátima, Os Milagres e San Miguel que asumen a organización das festas patronais.

Comisión para a realización das alfombras florais.

Comisión do Cemiterio que asume a xestión do camposanto.

Dúas Comunidades de Augas que asumen a xestión das traídas de augas. Unha delas é a Comunidade de augas do Matalagartos e outra a de Peroleira.

 
Organizacións parroquiais