A CCMM realiza dúas asembleas anuais de media. A Xunta Rectora reúnese semanalmente e visita o monte con asiduidade para manter un seguemento das actuacións.

A xestión do monte lévase a través do Plan Xeral de Ordenación do Monte e das súas revisións anuais que dan lugar ao Plan Anual.

Entre as actividades que realiza a CCMM pódense enumerar as seguintes:

Traballos no monte:

Lévanse adiante todo tipo de traballos no monte, podendo sinalar mantenemento, silvicultura, mellora de infraestructuras, prevención de lumes, etc. Para isto cóntase co contrato aunal de dous traballadores.

Actividades sociais e recreativas:

Apoio ás Comisións de Festas.

Realización da Subida ao Monte.

Realización da festa veciñal do Lombo do Roxás en colaboración co CCR.

Homenaxe aos comuneiros falecidos.

Deseño e realización da Senda do Matalagartos

Apoio ás actividades culturais: anualmente a CCMM aporta unha cantidade económica ao Centro Cultural e Recreativo que asume as cuestións culturais, veciñais e deportivas. Cabe destacar o impulso que a CCMM deu á recuperación do xogo de Bolos Celtas na parroquia instalando o campo e a pedra dos bolos e colaborando co CCR na organización e financiación dos equipos.

Recuperación patrimonial: entre as labores de recuperación do patrimonio histórico pódese contar a recuepración dos muíños da Serra.

Recuperación de espazo público e adecuación de lugares emblemáticos públicos na parroquia.

Seguemento das problemáticas parroquiais: na medida das posibilidades, a CCMM leva a cabo un seguemento de diferentes aspectos parroquais de interese común, como pode ser o peche do vertedeiro, o xuízo do palco da música, etc.

 

 

 
Actividades